Comenzamos
con ilusión esta nova etapa, onde queremos mostrarvos os nosos
traballos, ideas e proxectos. Mostrarvos o cabo, o facer do artesán
dende o obradoiro.
Elaboramos
coitelos e navallas tradicionais da nosa zona, A Fonsagrada, na
provincia de Lugo en Galicia.
A
tradición do ferro na nosa comarca remóntase a finais do XVIII e
comenzos do XIX.
Na
Fonsagrada o ferro era parte da vida cotiá e da nosa cultura. Todos
nós medramos con ferramentas na man forxadas por grandes mestres
como Vicente da Porteliña e Oliverio de Queixoiro. Coitelos, fouces,
fouciños, navallas e trompas de boca, fálannos dun saber facer da
montaña.
O
paso dos anos e novas épocas foron despoboando o mapa humano desta
comarca. Coa despoboación, o esquecemento dunha forma de vida
estreitamente vinculada á terra. Non queriamos que unha parte da
nosa cultura desaparecera para sempre con eles, por iso emprendemos o
labor de manter vivo o seu legado.
![]() |
Fotografía de Miguel Muñíz |
Recuperamos
o coitelo de mesa máis característico de Fonsagrada e a partir del,
elaboramos unha liña de coitelos de cociña que non perdesen a súa
esencia. Os mestres ferreiros da Fonsagrada caracterizáronse sempre
por coidar o corte, afiado e acabado de cada unha das pezas. Os
coitelos de Vicente son clara proba diso. Cada un dos nosos coitelos
está elaborado baixo esa premisa.
A
ilusión e o amor pola nosa terra están en todas as nosas pezas.
A
esencia do noso traballo está en manter viva e dignificar, tanto a
tradición herdada, como a materia prima da nosa terra mediante pezas
elaboradas con
Polo
que os materiais empregados son madeiras da zona nun uso sustentable,
aceites naturais e aceiros de primeira calidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario